Saturday 04 de May de 2024

Frades acolle un segundo curso de aplicador / manipulador de produtos fitosanitarios no que participaron 29 veciños e veciñas


O multiúsos de Frades acolle un curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, que se comenzou a impartir a pasada fin de semana e que se pechará este 14 e 15 de maio. Un curso formativo ao que asisten un total de 29 veciños e veciñas de Frades. Trátase da segunda convocatoria que se realiza deste curso, pois o pasado mes de marzo xa se impartiu outro igual coa participación doutros 30 alumnos e alumnas.